Ribadeo, un escenario de vida
A xoia do norte
Ribadeo, vila de grandes contrastes, ofrécelle ao viaxeiro infinidade de espazos e sensacións. Dende a paisaxe infinita das costas crebadas do Cantábrico ata as augas mansas da ría, dende os bucólicos vales do interior e os horizontes abertos da rasa, ata as aldeas tradicionais e a sofisticación cosmopolita das casas indianas. Natureza e cultura, tradición e modernidade preséntanse en harmonía ante os nosos ollos.
A nosa vila ofrece unha gran variedade de posibilidades, de singulares paisaxes, de opcións culturais, gastronómicas, de espazos versátiles e flexibles. Lugares con encanto para descansar, e gozar dunha reunión nun espazo diferente. Un lugar onde o benestar persoal e o trato profesional son posibles ao mesmo tempo.
Na nosa vila pode atopar:
- unha ampla e diversa oferta de aloxamentos.
- restaurantes de calidade.
- dinamismo na vila e vida nocturna.
- espazos públicos e privados para a organización de eventos.
- riqueza natural e paisaxística, con espazos que son Reserva da Biosfera, Monumento Natural, Rede Natura, LICs e zonas Zepa.
- riqueza histórica e cultural, avaladas polo seu centro histórico e a singular beleza da vila.
- beneficios dos ambientes rurais: natureza, tradición, valor do tempo, intimidade, gastronomía, ritmo do evento…
Quere coñecernos un pouco máis?



