Obxectivos
Desenvolvimos esta web para que planifique a súa viaxe coa maior comodidade, adaptándonos ás súas necesidades a través dunha oferta ampla, variada e de calidade.
Queremos amosar ao mundo o potencial que Ribadeo ten neste eido, grazas á súa diversa oferta tanto a nivel organizativo como de lecer.
Como funciona?
Para comezar a organizar o seu evento, só ten que introducir o número de persoas que está previsto que participen nel. A partir de aí, irémolo guiando a través do proceso de escolla de salas, aloxamento, restaurante e actividades de ocio, se o precisa.
Ao rematar a súa escolla, enviarémoslle un email para estar en contacto e ultimar detalles. Nesta web atopará todo o que necesita para que a súa viaxe ou evento sexa todo un éxito.
Ademais, tamén podemos deseñarlle a mellor oferta complementaria durante e despois do evento. Lembre que somos totalmente flexibles ás súas necesidades.