Que facer?
Ribadeo, toda unha experiencia
A diversidade natural e a riqueza ecolóxica aportan un plus a calquera actividade en Ribadeo. Aquí pode atopar opcións para todos os gustos.
Contamos con empresas especializadas que poden acompañarlle ademais de ofrecer as súas instalacións, e tamén pode escoller a práctica libre se xa ten coñecementos da actividade.
Sendeirismo
A ubicación estratéxica na Rasa Cantábrica, unha planicie que percorre todo o litoral do concello e que, en Ribadeo, ten uns 3km de anchura, elévase progresivamente ata alcanzar as maiores altitudes no municipio do Mondigo. Esta composición orográfica fai deste lugar un espazo de singular beleza e de interese para calquer camiñante que desexe gozar da natureza.
Pode desfrutar deles libremente ou contar cos servizos especializados de empresas de turismo activo que traballan no noso territorio.
Rutas recomendadas:
- Ruta da costa - que enlaza Ribadeo e a Praia das Catedrais, pasando por Rinlo.
- Ruta das praias - que percorre todas as de Ribadeo chegando á Praia das Catedrais.
- Ruta da ría - polo interior da parroquia de Ove, paralela á ría e aos os montes que cruzan a parte central do municipio, ata chegar a Barreiros.
- Ruta dos miradoiros - que discurre por lugares desde onde poderemos acadar espectaculares imaxes.
- Camiño Norte a Santiago - ao seu paso por Ribadeo.
- A Vía Verde - que transcurre polo itinerario do antigo tren mineiro de Vilaudriz, ata os fornos da Pontenova.
Cicloturismo
Temos rutas cicloturistas para todos os públicos: dende as da rasa cantábrica do litorial, moi doadas de percorrer, ata as dos montes e altos que limitan o noso territorio, para os máis activos. A orografía de Ribadeo convértea nunha zona de gran atractivo para percorrer nunha bicicleta.
Pode coñecer a beleza de Ribadeo a través das rutas recomendadas ou empregando a rede de carreteras e camiños, que pasan por espazos naturais de gran beleza, e que permiten descubrir lugares e recunchos con encanto, monumentos de interese cultural ou paisaxes nos que a auga é a protagonista.
Rutas recomendadas:
- Ruta da costa.
- Camiño Norte a Santiago.
- Subida ao Mondigo.
Caza e pesca
A diversidade natural de Ribadeo converte a este municipio nun paraíso para os afecionados á caza e a pesca.
A pesca litoral, dende embarcación fondeada, é a máis popular entre os pescadores deportivos da zona. Nestas augas poderemos atopar sargos, sepias, lubinas, salmonetes, doradas... A pesca de río desenvólvese no río Eo, coñecida zona salmonera, na que tamén se pode pescar reo e troita.
No tocante ao aproveitamento cinexético, na contorna da ría non se permite a caza. O resto do territorio atópase en réxime cinexético común, e o conxunto de especies que se poden cazar pertencen á caza maior, como o corzo e o xabarín.
Deportes naúticos
Ribadeo sitúase nun enclave privilexiado da costa cantábrica, e é un lugar ideal para a práctica de deportes náuticos e subacúaticos. Conta con unha contorna natural espectacular e unha infraestructura moi completa, que lle permitirá practicar o deporte de auga que desexe. No noso municipio é posible alugar embarcacións e amarres, dar paseos nunha lancha de pasaxe, e practicar deportes como: windsurf, kitesurf, surf, submarinismo, vela latina e lixeira, esquí naútico e kayak. Ademais de facer rutas pola ría de Ribadeo e coñecer os seus encantos históricos e naturais.
Paseos a cabalo
De norte a sur e de este a oeste, a ampla rede de sendeiros que atravesan Ribadeo ofrece a oportunidade de descubrir a nosa diversidade paisaxísitca a lomos dun cabalo.
Existe unha empresa especializada á que os visitantes poden dirixirse para consultar todas as propostas das que dispoñen.
Masaxes e relax
Entre tanta actividade, propómoslle gozar dunha experiencia placentera e que ademais reporta múltiples beneficios para a saúde física e emocional: masaxes terapéuticas e relaxantes, reiki, ioga e tai-chi.



